8.8.09

INAGURACION DA AULA MUPEGA









Na foto:

Antonio Rial, director do MUPEGA, Xilberte Manso do IEM, Xosé Manuel Malleiro da UC e Antonio Lago de IEM.





Onte venres, ás 12 da mañán inagurouse no local do IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas, en Gondomar, avda da Feira nº 10, a exposición da
Aula do Museo Pedagóxico de Galicia.
Contamos coa presenza de Antonio Ríal director científico do MUPEGA e de Xosé Manuel Malleiro, catedrático da UC, especialista e estudoso das escolas de emigrantes e dos movementos pedagóxicos galegos na Republica, e colaborador e asesor científico do IEM no xa celebrado Congreso sobre Educación e Emigración no primeiro terzo do século XX.
A exposición consite nun aula dos anos vinte dunha escola galega, e nela podemos ver dende os materiais empregados nos procesos pedagóxicos a xogos e mobles que compuñan as auals das nosas antigas escolas.
Poderá ser visitada en horio de mañán de 10 a 14 h. e si houbera grupos interesados, previo cita e horario acordado.
A NOVA NA PRENSA

http://www.farodevigo.es/comarcas/2009/08/08/estudiaba-pizarras/356392.html

XEIRA NOCTURNA A TOURÓN
























Tódalas fotos en
http://picasaweb.google.es/bentevexo/Touron7809?feat=email#





Onte pola noite tocou visita nocturna para ver os pretróglifos da estación de arte rupestre de Tourón, en Pontecaldelas.
A noite acompañounos cunha primeira parte de vento frío que foi indo a menos segundo íamos subindo cara o Nabal do Martiño.

Como non se pode capar e asubiar a un tempo, as fotos que fixen nos son moi boas, mais espero que sexan suficientes para amosar unha pequena idea do grupo e a xeira.

Unhas 100 persoas escomenzaron a xeira nun local que os veciños de Tourón teñen ao pé da igrexa. Con xente fóra por falla de espazo para todos, Xosé Lois Vilar deu un repaso con imaxes da arte rupestre ibérica e galega. Coa súa mestrísa e bon facer, fixo amena e clara unha exposición detallada sobre a mellor arte gravada en pedra que temos no país.
Xa chegando ás 24 h, subimos ao monte onde poidemos ver os magnificos gravados de Tourón, cunha ringleira de xente en "procesión" ata os cumes do último panel do Nabal do Martiño.
Aínda algúns nos quedaron forzas para ir a visitar un novo achádego dun cervo cazado cunha frecha, iste xa fóra do circuíto musealizado, deixando uns cantos laios entre a toxeira mesta e dura.Pagou a pena. Ás 3,30 da mañan falando de petróglifos, chegamos aos coches e voltamos ao Val Miñor.

6.8.09

XEIRA POLO RÍO MORGADÁNS 6 AGOSTO 09











Máis fotos da xeira en
http://picasaweb.google.es/bentevexo/RioDeMorgadans6809#


Hoxe visitamos as ribeiras do río Morgadáns. saímos do local do IEM onde previamente poidemos visitar a exposicción dunhas das aulas do MUPEGA que vai a estar na Aula de Cultura Ponte de Rosas ata finais de mes,
Con bo tempo pora camiñar, temperatura agradable e coas explicacións de Alfredo López, coñecemos algo máis do noso patrimonio natural, tan necesitado de coidados e de divulgación para coñecelo mellor, respectalo e valoralo.



PRÓXIMA XEIRA
Venres 7: Petróglifos do Tourón, no concello de Pontecaldelas.
Saída ás 22 h. da alameda da Ramallosa (fronte ao cine Imperial) ou ás 23 h na igrexa de Tourón.
SEGUINTE
Luns día 10 de agosto: Noite de lobos e estrelas na Serra da Groba.
Saída ás 20 h. da praia de Santa Marta, en Baiona.
Nota: Hai que levar lanternas, manta ou toalla, bote, lata, asubíos, chocallos, campás ou outros instrumentos para meter ruído. Recomendamos levar termo con café, chocolate, etc, e moita paciencia para ver estrelas e participar na recreación dunha batida de lobos ao xeito de hai centos de anos. Subiremos en coche ata a Cruz de Pao, na Groba, para logo ir andando ata o Foxo Pedriño, pasada a Boca da Groba e a Meniña das Chans. Alí, no cume, perto do Campuchán, vivíremos unha noite inesquecible., lúdica e formativa, na que o silenzo e a escuridade farán de compañeiros ata que chegue... o lobo.

3.8.09

PROXIMA XEIRA, O XOVES



O próxio xoves teremos a seguinte xeira:Polo río Morgadáns, dende a Ponte das Ánimas ata os Muíños da Serra.
O nos guía sera Afredo López, biologo e bo coñecedor do terreo.
Saíremos do local do IEM na avenida da feira nº 10, Aula de Cultura ponte de Rosas ás 17,30 h.
Antes de saír podemos ver no local a Exposición da aula do MUPEGA que vai a estar exposta ata fin de mes. Podremos observar como era un aula dunha das nosas escolas aló polo primeiro cuarto do século pasado.

31.7.09

XEIRAS VERÁN 2009

Por problemas de dificil solución na nosa páxina web, imos seguir este verán as nosas xeiras niste blog.

AS XEIRAS Verán 2009 DO IEM

Data

Saída

Guías

Punto de encontro

9 xullo, xoves

17,30h

Polas ribeiras do río Táboas

Fernando Lahuerta

Praza do Concello

Nigrán

15 xullo, mércores

17:30h

Ruta de sendeirismo circular por Peitieros e Morgadáns

Antonio Lago

Xosé Ramón García

Praza do Concello

Gondomar

23 xullo, xoves

17:30

Baiona histórica

Carlos Méixome

??

30 xullo, xoves

17:30

Ruta pola fraga de Oliveira

Xilberte Manso, Xosé Ramón García

Praza de Sabarís

6 agosto, xoves

17:30

Ruta de sendeirismo polo curso alto do río Zamáns.

Alfredo López

Praza do Concello

Gondomar

10 agosto, luns

20:00

Noite de estrelas e lobos

Xosé Lois Vilar

Xilberte Manso

Praia de Santa Marta

Baiona

20 agosto, xoves

17:30

Ruta de sendeirismo pola Portavedra

Xilberte Manso, Xosé Ramón García

Praia de Santa Marta

Baiona

27 agosto, xoves

20:00

Ruta polo río Vilar- A Pedreira

Xosé Lois Vilar

Xilberte Manso

Praia de Santa Marta

Baiona

Durante o mes de agosto terán lugar dúas saídas marítimas Baiona Cabo Silleiro,no barco Nauja, con datas 13 e 25 de agosto, cu n prezo de 18€ por persoa, sendo necesario apuntarse no tlfno. 629114162 por ter límite de prazas o barco.


Tamén temos para o mes de agossto outras saídas fóra do Val Miñor:

- 7 de agosto venres. Visita nocturna aos Petróglifos do Tourón (Ponte Caldelas).
Hai que apuntarse no tlfno. 629114162 si se desexa ir en autobús dende a Ramallosa, 22h. (prezo 5 € ). Os que queiran ir por libre no seu coche, poden achegarse ata Tourón ás 23 h.

-11 de agosto, martes, 23 h. Visita nocturna aos Petróglifos do Monte Tetón. Tomiño. Punto de encontro casa do concello de Tomiño 22,30h.

-21 de agosto, venres. Visita nocturna aos Petróglifos do Monte Tetón. Tomiño. Punto de encontro casa do concello de Tomiño 22,30h.

-28 de agosto, venres,Visita nocturna aos Petróglifos do Tourón (Ponte Caldelas).
Hai que apuntarse no tlfno. 629114162 si se desexa ir en autobús dende a Ramallosa, 22h. (prezo 5 € ). Os que queiran ir por libre no seu coche, poden achegarse ata Tourón ás 23 h.