8.8.09
XEIRA NOCTURNA A TOURÓN
Tódalas fotos en
http://picasaweb.google.es/bentevexo/Touron7809?feat=email#
Onte pola noite tocou visita nocturna para ver os pretróglifos da estación de arte rupestre de Tourón, en Pontecaldelas.
A noite acompañounos cunha primeira parte de vento frío que foi indo a menos segundo íamos subindo cara o Nabal do Martiño.
Como non se pode capar e asubiar a un tempo, as fotos que fixen nos son moi boas, mais espero que sexan suficientes para amosar unha pequena idea do grupo e a xeira.
Unhas 100 persoas escomenzaron a xeira nun local que os veciños de Tourón teñen ao pé da igrexa. Con xente fóra por falla de espazo para todos, Xosé Lois Vilar deu un repaso con imaxes da arte rupestre ibérica e galega. Coa súa mestrísa e bon facer, fixo amena e clara unha exposición detallada sobre a mellor arte gravada en pedra que temos no país.
Xa chegando ás 24 h, subimos ao monte onde poidemos ver os magnificos gravados de Tourón, cunha ringleira de xente en "procesión" ata os cumes do último panel do Nabal do Martiño.
Aínda algúns nos quedaron forzas para ir a visitar un novo achádego dun cervo cazado cunha frecha, iste xa fóra do circuíto musealizado, deixando uns cantos laios entre a toxeira mesta e dura.Pagou a pena. Ás 3,30 da mañan falando de petróglifos, chegamos aos coches e voltamos ao Val Miñor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario