28.9.09

VII PREMIO NANO CAMBEIRO PARA O SUPLEMENTO DO VAL MIÑOR DA PENEIRA









Amigos e amigas do IEM

_ _

* *O suplemento mensual do xornal A PENEIRA, A PENEIRA DO VAL MIÑOR,
recibe o VII Premio Nano Cambeiro polo seu esforzo informativo
sobre a comarca do Val Miñor*
* *O premio consiste nun bronce de Fernando Casás*

* *

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de
Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo. Cumprindo co
establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución ao cumprirse
o oitavo aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.

Na reunión ordinaria do pasado 22 de setembro a Xunta de Goberno do
Instituto de Estudos Miñoranos acordou por unanimidade conceder, nesta
sétima edición, o premio ao suplemento mensual /A Peneira do Val Miñor/
do xornal /A Peneira/ tanto polo seu esforzo na difusión e análise da
realidade miñorana realizado ao longo destes dous últimos anos, como por
incardinarse na iniciativa xornalista do xornal /O Miñor/ que impulsou
Nano Cambeiro, unha das mellores mostras de prensa local que houbo no
país. Agora o esforzo da empresa editora de /A Peneira/ ven a retomar e
a continuar o labor que Nano Cambeiro iniciara.

Así mesmo a Xunta de Goberno do IEM transmitiu os seus parabéns ao
fundador e director da /Peneira/, Guillermo Rodríguez, tanto pola
iniciativa premiada como pola conmemoración dos 25 aniversario do
periódico quincenal que, en palabras de Méndez Ferrín, quen recibiu o
primeiro premio Nano Cambeiro é:

“O periódico sobre territorios históricos de Turonio, como son O
Condado, O Val do Louro ou Louriña, O Val Miñor, O baixo Miño, e extende
o tentáculo dunhas páxinas en portugués á rexión minhota”

O premio, sen dotación económica, consiste nunha peza de bronce obra do
escultor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos *FERNANDO CASÁS,
*que se* *funde para entregar en cada convocatoria*. *A obra escultórica
será entregada ao premiado nun acto público a realizar nos meses vindeiros.

Nas edicións anteriores o premio recaeu en *Xosé Luís Méndez Ferrín*,
*Francisco Fernández del Riego*, *David Reinero González*, na *web
www.valminor.info,* dirixida por *Pedro Telmo Rodríguez Castro,* na web
*www.* *Salvemosmonteferro.org,* realizada polos irmáns *Xosé* e *Anxo
Reigosa Solleiro* e no conxunto de relatos *O Cruceiro de San Campio*
dos que é autor *Antonio Valverde.*

A Xunta de Goberno do IEM acordou tamén convocar o Oitavo Premio de
Xornalismo “Nano Cambeiro” para artigos publicados ao longo do ano 2009,
segundo as bases adxuntas.

Val Miñor 28 de setembro de 2009

Asdo.: Carlos Méixome

Director do Instituto de Estudos Miñoranos

No hay comentarios:

Publicar un comentario