8.7.10

AS XEIRAS DO VERÁN DO 2010

Onte comezaron as Xeiras diste verán 2010 .
A primeira foi unha visita as Chans de Prado, en Morgadáns e logo unha visita aos petróglifos de Agua da Laxe en Vincios.
A pesares do fútbol  aínda segue a hber xente que ten interese por algo máis que polos espectáculos de masas devoradores de conciencias, e un bo grupo achegámonos a gozar dunha noite de moito calor e arte rupestre.
Despois dunha charla contextualizadora sobor da Arte Rupestre na península ibérica e a mellor arte do noso país, subimos ata as Chans de Prado e os montes de Vincios onde,  por certo, xa están a preparar os postos para o Curro do Galiñeiro do próximo domingo. Amenas explicacións, e moi ben documentadas,  por parte de Xosé Lois Vilar e Eduardo Méndez fixeron desta última noite un grato intre de convívio coa natureza a arte prehistórica e o noso patrimonio etnográfico.




















Perante iste verán seguiran outras non menos interesantes. Istevenres día 9 a seguinte, xa no concello de A Guarda e o Santa Tegra.